Título node Learning object

Información para os centros participantes en programas de iniciativa de mellora
Xov, 19/01/2012 - 10:54

Instrucións para os centros participantes

Segundo o comunicado na reunión de 18 de xaneiro de 2012, os centros convocados que desexen participar na iniciativa de mellora deberán presentar a seguinte:

Documentación:

  • Anexo 1 (solicitude de participación):
    • Modelo 1.1: solicitude de acompañamento para primaria
    • Modelo 1.2: solicitude de acompañamento para secundaria
    • Modelo 1.3: solicitude de apoio para secundaria (incompatible cos anteriores)
  • Anexo 2:
    • Certificación do/a secretario/a no que informe da aprobación do proxecto polo Claustro.
  • Anexo 3:
    • Certificación do/a secretario/a no que informe da aprobación do proxecto polo Consello Escolar.
  • Proxecto: terá como extensión máxima 3 páxinas (a 1 cara), tipo de letra Times New Roman, tamaño 12, interliñado 1.5. O proxecto resumirá os contidos máis relevantes, que necesariamente incluirán os seguintes aspectos:
    • Datos do centro (nome do centro, código, concello, provincia).
    • O centro e o seu contexto: descrición da situación actual do centro neste curso, con mención das fortalezas e debilidades.
    • Actuacións que teñen previstas (hai que elixir unha das dúas):

1. Acompañamento escolar (primaria ou secundaria):

  • número de grupos
  • niveis educativos
  • horario

2. Apoio e reforzo (só secundaria). Ámbitos de acción (seleccionaranse necesariamente os tres):

  • ámbito de intervención directa co alumnado; indicaranse necesariamente cómo mínimo dúas das seguintes liñas de traballo:
    • transición primaria-secundaria
    • reforzo educativo complementario
    • bibliotecas escolares
    • convivencia escolar
  • ámbito de intervención coas familias; indicaranse como mínimo unha das seguintes liñas de traballo:
    • colaboración coas familias
    • mediadores socioeducativos
  • ámbito de intervención no contorno; indicaranse como mínimo unha das seguintes liñas de traballo:
    • actividades extraescolares
    • reducción do absentismo escolar

Prazo: a presentación da documentación terá como último día de prazo o venres 27 de xaneiro de 2012. Cómpre que envíen esta documentación por correo postal certificado a:

Asesoría de Programas Educativos
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Edificio Administrativo de San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela

É moi importante que envíen o máis axiña posible por correo electrónico a ficha modelo 1, co fin de axilizar a tramitación da documentación, ao seguinte enderezo: programaseducativos@edu.xunta.es (especifiquen no asunto “iniciativa de mellora”). 

Nota: Ademais de poder descargar os documentos relacionados nos anexos destas instrucións, engádense dous arquivos  tamén descargables con información referida ao programa PROA.