Resolución provisional de centros admitidos e excluídos para participar no proxecto DIGICRAFT NO TEU COLE durante o curso 2022/23
Segundo o establecido no apartado décimo da Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se convoca a selección de centros para participar no Proxecto DIGICRAFT NO TEU COLE no marco do Plan DIGITALENT durante o curso 2022/23, valoradas as solicitudes presentadas, faise pública a resolución provisional de centros admitidos e excluídos para participar no proxecto.
Ábrese un prazo de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo desta consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/), para efectuar reclamacións ou alegacións a través da conta de correo electrónico digicraft@edu.xunta.gal
Resolución do 12 de agosto de 2022
Información para os centros con modalidade Tablet 19/20
Información para os centros con modalidade PC 20/21
Información para os centros con modalidade PC 21/22
Nova convocatoria: Información para os centros con modalidade PC 22/23