Título node Learning object

FUNDACIÓN MULLERES
Lun, 12/09/2022 - 09:29
Fundación Mulleres

 

A Fundación Mulleres abre o prazo de pre-inscrición  para unha nova edición do curso " Intervención social con Enfoque de xénero para o voluntariado: Conceptos básicos" que se desenvolverá entre o 19 de setembro e o 11 de outubro.

O curso realizarase na súa totalidade a través do Campus Virtual de Fundación de Mulleres, é preciso realizar unha inscrición previa .

 

 

O curso consta de dous módulos :

  1. O voluntariado (5h)
  2. Xénero, igualdade de oportunidades e prevención de violencia de xénero (15h)

O curso responde o obxectivo de ampliar e mellorar os coñecementos das persoas voluntarias sobre o voluntariado e o seu papel na sociedade actual, traballando sobre conceptos como xénero, igualdade de oportunidades e intervención para a prevención da violencia de xénero, coa incorporación da perspectiva de xénero no ámbito da intervención social voluntaria.