Publicación das relacións definitivas de persoal docente obrigado a participar e de persoal docente interino e substituto excluído das listas de obrigados na adxudicación de destinos provisionais entre persoal de corpos docentes, curso 2022-23
Xúntase Resolución do 26 de xullo de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fan públicas as relacións definitivas de persoal que ten a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2022/2023.
Prazo de recurso
O prazo para formular reclamacións é dun (1) mes contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (do 27 de xullo ao 26 de agosto de 2022, ambos incluídos).
Para aquelas persoas que presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) unha solicitude no procedemento ED002B, para formular o recurso de reposición deberán acceder ao dito procedemento e seleccionar o trámite "recurso de reposición" e en asunto sinalar Resolución definitiva do 26 de xullo de 2022 e especificar o anexo correspondente, anexo I, II, III e IV segundo proceda.
Para aquelas persoas que nunca presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia unha solicitude no procedemento ED002B, para formular o recurso de reposición deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A e no dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN definitiva DO 26 DE XULLO DE 2022 e especificar o anexo correspondente, anexo I, II, III e IV segundo proceda.
b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Resolución do 7 de xuño de 2022 (DOG)
Resolución do 7 de xullo de 2022
Anexo I Listaxe provisional persoal docente obrigado a participar CADP 2022-23 (Primaria)
Resolución do 26 de xullo de 2022
Anexo I Listaxe definitiva persoal docente obrigado a participar CADP 2022-23 (Primaria)
Anexo II Listaxe definitiva persoal docente obrigado a participar CADP 2022-23 (Secundaria e outros)
Resolución adxudicación provisional
Adxudicación provisional Mestres (Orde Alfabética)
Adxudicación provisional Secundaria e outros (Orde Alfabética)
Adxudicación provisional Secundaria e outros (Orde adxudicación)
Resolución adxudicación definitiva (pendente publicación DOG)
Adxudicación definitiva alfabética (Primaria)
Adxudicación definitiva por orde de adxudicación (Primaria)
Adxudicación definitiva alfabética (Secundaria e outros)
Adxudicación definitiva por orde de adxudicación (Secundaria e outros)
Instrucións toma de posesión do persoal docente adxudicado (todos os corpos)