Título node Learning object

O proxecto “Nos encontramos en el camino” do IES de Poio (Pontevedra), coordinado pola profesora Carmen Fernández, recibe o Premio Nacional eTwinning 2012
Lun, 26/12/2011 - 14:34
“Nos encontramos en el camino”

"Nos encontramos en el camino"

O Camiño de Santiago foi o punto de encontro de tres centros educativos de España, Francia e Eslovaquia. Cada grupo de 3 alumnos (un de cada país) fixo un percorrido virtual por un tramo do camiño e investigaron sobre a súa riqueza cultural (historia, arte, xeografía...). As profesoras crearon unha wiki na que cada grupo dispoñía dunha páxina de discusión e, de forma autónoma e responsable, os alumnos interviñeron para preparar a viaxe pola ruta adxudicada (aloxamento, transporte, clima, calzado, gastronomía, ...). É un claro exemplo de proxecto en colaboración.
Utilizaron diferentes ferramentas TIC; ademais da wiki, creóuse un blog, a modo de caderno de viaxe, que se alimentou con fotos, vídeos, animacións, imaxes, películas (Martin Sheen, "The Way"), enlaces, comentarios, noticias, murais-Glogster, videoconferencia, Googlemaps, presentacións-Prezi  etc.