Acordo entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSIF-ENSINO e UGT-SP ENSINO polo que se engade unha disposición transitoria cuarta ao Acordo do 20 de xuño de 1995
Publicación da Resolución do 2 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do Acordo entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSIF-ENSINO e UGT-SP ENSINO polo que se engade unha disposición transitoria cuarta ao Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias.
Engádese unha disposición transitoria cuarta ao Acordo do 20 de xuño de 1995 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO, CSI.F e FETE-UGT polo que se regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia pola que o persoal docente interino e substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia non estará obrigado a participar nos procedementos selectivos para ingreso nalgún corpo da función pública docente que se convoquen no ano 2022 para os únicos efectos da permanencia nas listas de interinidades e substitucións.