Título node Learning object

Rede de Eco Hortas Escolares (PROGRAMA BIANUAL CURSOS 2022/23-2023/24)
Xov, 09/06/2022 - 09:59

Ficha técnica

Institución:

  • Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
    • Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático
      • Asociación Amigos da Terra

Ámbito: medio ambiente / desenvolvemento sostible / acción polo clima

Definición:

Rede de Eco Hortas Escolares é un espazo de intercambio de coñecementos e experiencias dirixido a calquera centro educativo galego que teña en marcha ou queira iniciar una horta ecolóxica nas súas instalacións. A integración na Rede implica actividades de horta e actividades de aula en temáticas directamente relacionadas. Para iso, Amigos da Terra, entidade coordinadora da Rede, ofrecerá aos centros participantes apoio técnico, recursos educativos e formacións específicas sobre agroecoloxía escolar e/ou ODS.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030 :

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 4 Educación de calidade
  • ODS 9. Industria, Innovación e Infraestrutura
  • ODS 12. Producción e consumo responsables
  • ODS 13. Acción polo clima
  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO, bacharelato e ciclos de Formación Profesional

Límite de centros participantes: 5 (3 centros para a modalidade con horta e 2 centros para a modalidade sen horta)

Límite de docentes participantes por centro: sen límite

Límite de alumnado participante por centro: 50

Criterios de selección: Durante o curso 24/25 continuarán no proxecto aqueles centros seleccionados no curso 2023-24

Modalidade 1 (Centros con horta):

Para a selección dos 3 centros educativos que xa contan cunha horta ecolóxica nas súas instalacións valorarase (mediante entrega de memoria explicativa por parte do centro):

  • Experiencia previa no desenvolvemento da horta escolar ecolóxica .

  • Grao de implicación da comunidade educativa no proxecto de horta (alumnado, docentes, familias, outros axentes).

  • Plan actividades de horta previsto para o curso 2024-25

  • Traballo de aula relacionado coa horta escolar (no caso de que o centro traballe na aula temáticas e actividades relacionadas coa horta).

Modalidade 2 (Centros sen horta):

Para a selección dos 2 centros educativos que NON contan cunha horta ecolóxica nas súas instalacións valorarase (mediante entrega de memoria explicativa por parte do centro):

  • Proposta de traballo prevista para a posta en marcha da horta (obxectivos, grupos de alumnado participante, e proposta inicial de actividades).

  • Descrición do espazo dispoñible para o establecemento da horta escolar (superficie, ubicación, superficie, estado ou uso actual, distancia ao centro no caso de non estar dentro do propio recinto...)

    *Nota: no caso de centros escolares SEN horta, o centro deberá encargarse do deseño e montaxe da horta (para o cal poderá contar co asesoramento e consello do programa) antes do inicio das actividades co alumnado.

Responsables do programa:

Nome: Laura Casal Guillán
Departamento: Asociación Amigos da Terra
Teléfono: 986 229 089
Correo electrónico: cooperacion@amigosdaterra.net


Xustificación

Logo do camiño na loita pola igualdade de dereitos entre os homes e as mulleres na sociedade do século XIX, cómpre afondar neste empeño recoñecendo os valores e as achegas das mulleres á innovación cultural, científica e intelectual e situalas nos contextos que lles tocou vivir. Para esta tarefa é esencial descubrir aspectos esquecidos e que nos axuden a comprender máis profundamente o que significaron.

 

Obxectivos

Posibilitar o traballo conxunto e o intercambio de experiencias utilizando a horta escolar ecolóxica como contexto de aprendizaxe, como laboratorio vivo no centro educativo e como un elemento globalizador das diferentes áreas do coñecemento. Achegándonos ao cultivo de alimentos cun enfoque de sostibilidade global, integrando outras temáticas ambientais, e permitíndonos tamén traballar outros ámbitos e habilidades.

 

Actividades e recursos

Entre as actividades obrigatorias do programa recóllense as seguintes:

Modalidade 1 (Centros con horta):

  • Formación: Formación inicial en horta ecolóxica escolar de 20h de duración dirixida a persoal docente. Modalidade online.

    (Posibilidade de homologación da formación por parte da Consellería de Educación).

  • Web de referencia: https://ecohortasescolares.gal/

  • Obradoiros:

    • Actividades de horta: O centro recibirá un total de 4 visitas do persoal de apoio técnico da horta, durante todo o curso (unha visita por trimestre + 1 visita de planificación ao inicio do curso). En cada unha desas visitas, realizarase unha actividade de horta co grupo de alumnado participante no proxecto.

      Actividades de aula:

    • No caso de centros de Educación Primaria: O centro deberá desenvolver, ademais, 3 das actividades incluidas na maleta pedagóxica da Rede (unha por trimestre).

      No caso dos IES: O centro deberá deseñar e poñer en marcha, polo menos, 1 actividade de aula con enfoque de cidadanía global, nas materias que o centro defina.

Modalidade 2 (Centros sen horta):

  • Formación: Formación inicial en horta ecolóxica escolar de 20h de duración dirixida a persoal docente. Modalidade online.

    (Posibilidade de homologación da formación por parte da Consellería de Educación).

  • Web de referencia: https://ecohortasescolares.gal/

  • Obradoiros:

    • Actividades de horta: O centro recibirá un total de 8 visitas do persoal de apoio técnico da horta, durante todo o curso (unha visita por mes, excepto en decembro). En cada unha desas visitas, realizarase unha actividade de horta co grupo de alumnado participante no proxecto.

  • Actividades de aula:

    No caso de centros de Educación Primaria: O centro deberá desenvolver, ademais, 3 das actividades incluidas na maleta pedagóxica da Rede (unha por trimestre).

    No caso dos IES: O centro deberá deseñar e poñer en marcha, polo menos, 1 actividade de aula con enfoque de cidadanía global, nas materias que o centro defina.

En ambas as dúas modalidades, os centros contarán co apoio e asesoramento continuo do programa (vía telefónica ou telemática) para a resolución de dúbidas, o acompañamento e o correcto desenvolvemento do proxecto.

Asimesmo, valorarase e realización dunha sesión online de avaliación final que permita o intercambio de experiencias entre todos os centros participantes da Rede.

*Nota: a formación inicial será conxunta para os centros educativos de ambas as dúas modalidades

 

Produto final

Obrigatorio: Entrega dun traballo final que recolla as actividades realizadas no proxecto de horta escolar durante todo o curso. Esta memoria poderá conter, de xeito opcional, algún material de apoio no formato que o centro defina (documento, vídeo, podcast, entrevista, exposición fotográfica, etc.).

 

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta+

  1. Participación activa do alumnado na realización do proxecto, na toma de decisións e na realización do produto final. Cómpre visibilizar claramente o traballo do alumnado a través de evidencias gráficas (a través de webs, blogs...) ou documentais.
  2. Implicación da comunidade educativa (profesorado, familias e institucións do contorno) e creación entre todos unha rede de traballo cooperativo.

  3. Interdisciplinariedade do proxecto (desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade.

Criterios específicos do programa:

  1. Grao de participación da comunidade educativa (profesorado, alumnado e familias) no proxecto.
  2. Grao de integración do proxecto de horta no centro educativo, a través doutras actividades e iniciativas complementarias relacionadas coa agroecoloxía escolar e a sustentabilidade.

  3. Grao de inclusión do enfoque de cidadanía global e traballo ao redor dos ODS relacionados coas hortas escolares.

Menús Learning object node R