Anxo Lorenzo solicita a colaboración dos colexios oficiais para promover a lingua galega desde o ámbito profesional

O responsable de Política Lingüística participou esta tarde na presentación do novo número da revista Galeduso, do Colexio de Educadores Sociais de Galicia

Xov, 22/12/2011 - 19:30
O responsable de Política Lingüística participou esta tarde na presentación do n
O responsable de Política Lingüística participou esta tarde na presentación do novo número da revista Galeduso, do Colexio de Educadores Sociais de Galicia

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, recordou esta tarde o papel fundamental que xogan os colexios oficiais para promover a lingua galega nos seus respectivos ámbitos profesionais. Para favorecer a súa actuación como axentes no fomento do galego, o secretario xeral solicitou a súa colaboración e tamén anunciou a vontade do Xunta de Galicia de ofrecerlle o seu apoio aos colexios oficiais para a consecución deste obxectivo.

Así o asegurou esta tarde durante a presentación do novo número da revista Galeduso, a publicación do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, na que estivo acompañado da presidenta da entidade, Sofía Riveiro. O secretario xeral tamén fixo fincapé na “necesidade de incrementar a presenza do galego na comunicación co colexiados, na oferta de recursos de utilidade (publicacións, documentación etc.), na formación aos profesionais, na actividade interna das propias entidades e tamén na práctica laboral”.

Igualdade e lingua, dous temas transversais

A secretaría xeral colabora co número 9 da revista, que aborda o tema da educación social sobre a igualdade de xénero e que supón un novo paso no formato e nos contidos de Galeduso. A este respecto, Anxo Lorenzo fixo fincapé en que tanto a igualdade como a dinamización lingüística deben ser dous eixos transversais das políticas públicas.

Menús News node R

Departamento