Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en módulos profesionais do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Emerxencias e Protección Civil
Xúntase a Resolución do 3 de xuño de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia como profesor especialista, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Emerxencias e Protección Civil.
-
As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición contra a relación definitiva de persoas excluídas e o baremo definitivo, que presentarán por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun (1) mes contado a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
-
Achégase resolución, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas.
Resolución do 19 de maio de 2021
Anexo I: Modelo de alegación de méritos
Resolución do 3 de decembro de 2021
Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 590711)
Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 590712)
Resolución do 3 de xuño de 2022
Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 590711)
Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 590712)