Desenvolvemento da normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional e se establece o procedemento de habilitación

Mar, 31/05/2022 - 14:36

O próximo 3 de xuño de 2022 publicarase no DOG a Orde do 27 de maio de 2022 pola que se modifica a Orde do do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (código de procedemento ED302B).

As persoas que non posúan unha resolución de habilitación que lles permita a habilitación de oficio nas novas materias ou naquelas que manteñen a mesma denominación, poderán solicitar a habilitación nestas materias nos prazos de presentación de solicitudes establecidos no artigo 13 da Orde do 22 de xullo de 2020.

Así mesmo habilitarase de oficio a todas as persoas que posúan unha resolución de habilitación de materias que manteñen no novo sistema a mesma denominación do anterior sistema educativo e serán habilitadas tamén nas novas materias cando exista a correspondencia que se relacionan no anexo da Orde do 3 de xuño de 2022.

 

Menú Advertisement

Habilitacións

Sen términos