Resolución do IV Concurso de Podcasts Radio na biblio en colaboración coa CRTVG (Radio Galega)

Ven, 13/05/2022 - 11:38
r

Publícase a resolución de 12 de maio de 2022 relativa á convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de 01 de marzo de 2022, do IV Concurso de Podcasts - Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que traballan coa radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na biblio. Concédense os premios que se relacionan no anexo I da devandita resolución, polos traballos que se especifican nas distintas modalidades. Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da súa páxina www.diariocultural.gal; así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (web de Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).