Seminario Web «A Dimensión Ecosocial para unha Educación Transformadora»
A Subdirección Xeral de Cooperación Territorial e Innovación Educativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional invítavos a participar no Seminario Web "A Dimensión Ecosocial para unha Educación Transformadora".
A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible forma parte das liñas de actuación da Xunta de Galicia, dentro das cales a educación supón un dos eixos fundamentais para a consecución dos seus obxectivos. O alumnado, polas súas características e proxección de futuro, será o principal axente de cambio social e como tal é necesario fomentar entre os rapaces e rapazas a responsabilidade de xustiza social, solidariedade e inclusión.
O seminario conta coa representación das accións educativas da comunidade autónoma de Galicia a través da participación do CEIP Plurilingüe Os Casais, de Fene (A Coruña), que recibiu o 3º Premio Proxecta 2018 polo seu proxecto "Somos quen".
A actividade vaise desenvolver os días 4 e 5 de maio de 17:00 a 19:30 horas de xeito virtual, e podedes inscribiros na páxina web da mesma.
Enlace web:
https://www.educacionyfp.gob.es/mc/sgctie/comunicacion/blog/abril2022/seminario-sostenibilidad.html