Anxo Lorenzo reúnese coa xunta directiva da Asociación Galega de Editores

O responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística informou durante o encontro de que a convocatoria das axudas para a edición de materiais curriculares en galego será inminente

Tamén gabou o traballo do sector editorial e a súa contribución á calidade do sistema educativo de Galicia

Mar, 13/12/2011 - 17:15
Anxo Lorenzo reúnese coa xunta directiva da Asociación Galega de Editores
Anxo Lorenzo reúnese coa xunta directiva da Asociación Galega de Editores

O secretario xeral de Política Lingüística e a xunta directiva da Asociación Galega de Editores (AGE) mantiveron un encontro para avanzar na colaboración entre as dúas entidades e na difusión da lingua galega a través da edición. Á xuntanza asistiron, en representación da AGE, o seu presidente, Manuel Bragado; a vicepresidenta, Belén López; e a secretaria da entidade, Laura Rodríguez.

Durante a reunión, na que tiveron ocasión de intercambiar impresións sobre a consecución destes obxectivos, Anxo Lorenzo informou a directiva da AGE acerca do estado das axudas que a secretaría xeral destina á edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares. A este respecto, aseguroulles que esta liña de subvencións se restablecerá de forma inminente, a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia antes de que remate o ano.

Calidade editorial

Ao fío disto, Anxo Lorenzo destacou a gran calidade dos libros de texto que realizan as editoriais galegas, así como a contribución fundamental que desenvolven as empresas do sector á formación en galego e ao prestixio do sistema de ensino de Galicia.

Ante as preocupacións expresadas polos representantes da AGE sobre a situación do sector editorial, o responsable de Política Lingüística avogou pola necesidade de realizar un esforzo no apoio a un sector estratéxico das industriais culturais de Galicia e en buscar novas estratexias de cooperación que lles permitan afrontar os novos retos. 

Declaracións do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo

Menús News node R

Departamento