Listaxe provisional de admitidos e excluídos, da convocatoria de axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2022

Mar, 05/04/2022 - 11:32

De conformidade co disposto no artigo 10.1 da Orde do 22 de novembro de 2021 polo que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado universitario para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2022, co obxecto de coñecer a lingua dese país, procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

  • As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando electronicamente, a documentación necesaria accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada (modelo emenda ao requirimento) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada