Título node Learning object

Actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero
Lun, 21/03/2022 - 10:40
DOG

A Escola Galega de Administración pública acaba de publicar a oferta de actividades formativas en materia de igualdade e violencia de xénero. Pódese consultar polo miúdo esta oferta no Anexo II da publicación do Diario Oficial de Galicia e na zona de matrícula da EGAP.

Recollemos aquí a listaxe dos cursos ofertados:

FC22137    A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade
FC22138    Acompañamento social e apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero
FC22139    Aproximación á violencia de xénero
FC22140    Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero
FC22141    Ciberviolencias sexistas. Novos espazos para a violencia de xénero
FC22142    Comunicación incluínte nas administracións públicas
FC22143    Conciliación da vida persoal, familiar e laboral
FC22144    Detección e intervención ante a violencia de xénero nos centros de maiores, centros de día e centros de axuda a domicilio
FC22145    Diversidade afectivo-sexual, identidades de xénero e non discriminación das persoas LGTBI+
FC22146    Empoderamento feminino e crecemento persoal
FC22147    Estratexias para a eliminación de estereotipos de xénero no exercicio da actividade profesional
FC22148    Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas
FC22149    Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero
FC22150    Integración da perspectiva de xénero na xestión pública
FC22151    Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública
FC22152    Muller, medios de comunicación e TIC
FC22153    O enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos
FC22154    Violencia de xénero na adolescencia e xuventude
FC22155    Violencia familiar. Violencia sobre a muller e os menores. A violencia vicaria
FC22156    Sexting, sextorsión, violencia de xénero dixital