Título node Learning object
O Ministerio de Educación e Formación Profesional publica unha nova edición do volume estatístico "Igualdad en cifras". O documento ofrece unha ollada con perspectiva de xénero que permite analizar as fendas de xénero que aínda están presentes no ámbito educativo e que se poden observar na presenza, participación e resultados académicos de homes e mulleres nas diferentes etapas educativas.
Entre outros, pódense obter datos sobre a presenza de homes e mulleres na profesión docente e en cargos directivos, a matrícula de alumnado nos distintos itinerarios formativos e os datos relativos ao éxito escolar do alumnado. Desde 2020 incorpora tamén datos desagregados por sexo dos resultados das avaliacións internacionais PISA e TALIS.
Como dato destácase neste informe que a taxa de abandono escolar temperán entre as mulleres caeu por vez primeira por debaixo do 10% en 2021, e sitúase a 1,7 puntos da media das mulleres europeas. Por outra banda séguese sinalando a persistencia de importantes fendas de xénero na elección de itinerarios formativos.
Pódese consultar o documento e toda a información relacionada na seguinte ligazón. Para obter datos desagregados por comunidade autónoma pódese consultar o apartado "Estatísticas". Para obter infografías cos datos máis salientables, pódese consultar a conta do Ministerio en Twitter co hastag #IgualdadEnCifras
Podes consultar todos os volumes publicados ata o momento na seguinte ligazón.