Actualización do contrasinal das contas @edu.xunta.gal
Mér, 16/03/2022 - 10:22
En atención a un aviso de risco adicional de ciberseguridade sobre as administracións públicas, solicítase a todas as persoas usuarias das contas @edu.xunta.gal, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que se non actualizou o seu contrasinal desde o 24 de febreiro, deberá facerse antes do vindeiro xoves 17 de marzo.
En caso de non efectuar a actualización voluntaria, o contrasinal destas contas expirará a partir do día 17 de marzo.