Título node Learning object

XIX Xornadas das Mulleres
Mar, 08/03/2022 - 13:28
cartel

A CIG-Ensino e a AS-PG organizan a 19ª edición das Xornadas das mulleres. A actividade conta cos seguinte programa:

  • 10 -11.00 h. Marcas feministas no Cinema, Margarita Ledo Andión, escritora, xornalista e cineasta.
  • 11.00-12.45 h. Lei do SI é SI: unha loita sobre o evidente, con Rocío Saavedra, politóloga feminista
  • 12.45-14 h. Ecoloxía e mulleres na Galiza, Adela Figueroa. Bióloga, activista e escritora.
  • 16-17.30 h. Pode a regueifa ser feminista? Lupe Gómez, regueifeira e pandereteira e Sara Marchena, graduada en Lingua e literatura galegas e regueifeira.
  • 17:30-18.30 h. Ax(e)itar a lingua. Orientación para unha comunicación inclusiva no ensino. MONTSE PENA PRESAS e MARÍA CAAMAÑO ROJO, docentes na USC e autoras do libro.
  • 18.30 -20 h. Presentación do proxecto coeducativo “Comando igualdade” coa participación de alumnado integrante. Priscila Retamozo,  coordinadora do proxecto e politóloga.

Lugar: IES As Fontiñas (r/ Estocolmo 5, Santiago de Compostela)
Día: sábado 12 de marzo de 2022
Horario: 10.00 - 20.00
Duración: 8 h
Matrícula: de balde, previa inscrición.

 

Pódese formalizar a matrícula na seguinte ligazón.