Asesoría de Internacionalización da Educación
A Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras "Edulingüe 2030" da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional. ten como un dos seus eixes principais o de estender e afianzar a internacionalización do sistema educativo galego para favorecer a cidadanía global.
A Asesoría de Internacionalización da Educación depende da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional.
A súa finalidade é a promoción en Galicia dos programas europeos de Educación nos sectores de Educación Escolar e Educación de Persoas Adultas.
Os nosos obxectivos son:
- Difundir a información relativa ós programas europeos de educación.
- Formar ao profesorado dos sectores escolar e persoas adultas na participación en programas educativos europeos.
- Asistir ós centros educativos na elaboración de proxectos europeos e na creación de asociacións transnacionais.
- Asistir ao SEPIE e a EACEA na análise e avaliación de proxectos educativos de Galicia.
Contacto da Asesoría de Internacionalización da Educación (Sectores Escolar e Persoas Adultas)
Asesoras: Sonia Vázquez Gómez e Patricia Ares Yáñez
programas.europeos[@]edu.xunta.gal
981 546 545 / 981 546 533
Servizo de Innovación e Programas Educativos
Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
-
Sector Formación Profesional: Asesoría de Programas Internacionais