Título node Learning object
Protocolo de actuación sobre delitos sexuais para o ámbito xudicial
Lun, 24/01/2022 - 12:55
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aprobou a en novembro de 2021 o Protocolo de actuación sobre delitos sexuais, inicialmente realizado para a súa aplicación no Partido Xudicial de Santiago de Compostela e auspiciado pola maxistrada Ana López-Suevos Fraguela. Polo interese e utilidade da proposta o propio TSXG acordou darlle difusión ao documento e promover o seu uso en todos os partidos xudiciais de Galicia.
O documento ten interese para o ámbito educativo para coñecer algúns pormenores que inciden nos procedementos xudiciais relacionados cos casos de violencia sexual.