Título node Learning object
O Concello de Pontevedra e GCiencia organizan unha ruta pola cidade dirixida a público xeral co fin de dar a coñecer os vínculos da cidade coas mulleres científicas. Esta actividade enmárcase nos actos conmemorativos relacionados co Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
Entre as protagonistas do roteiro atoparemos tres premios Wonenburger: María Inmaculada Paz Andrade, referente internacional en Microcalorimetría, primeira catedrática da Facultade de Física da USC e primeira muller que recibiu a Medalla de Ouro da Real Academia Española de Física; Isabel Aguirre de Úrcola, arquitecta e paisaxista, que rediseñou ambientalmente a Illa das Esculturas e foi a primeira muller en recibir o Premio Nacional de Arquitectura Manuel de la Dehesa, en 1997; e Alicia Estévez Toranzo, microbióloga e investigadora referente en patoloxía e acuicultura e a segunda académica da Real Academia Galega das Ciencias.
Ademais, inclúe a outras mulleres que son parte da historia da cidade como María Alicia Crespí González, primeira catedrática dunha escola técnica superior en España; Elisa Patiño Meléndez, primeira muller en voar en Galicia e España e probablemente en Europa, e Concepción Arenal, a primeira muller visitadora de cárceres, en 1863 e a primeira premiada pola Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.
Modalidade: presencial
Duración: 1 hora
Datas: os sábados 12, 19 e 26 de febreiro e 5 de marzo de 2022
Horario: 11.00 - 12.00
Lugar: punto de encontro na praza da Peregrina (Pontevedra)
Inscrición: require previa inscrición a través do seguinte enderezo electrónico: 11f.gciencia@gmail.com
Para obter máis información sobre o resto das actividades asociadas (premio e debate) pódese consultar a seguinte ligazón.