ESLC

INTRODUCIÓN

Distintos organismos internacionais (especialmente a OCDE, a IEA e a Unión Europea) desenvolven avaliacións da educación para proporcionar información sobre o grao de consecución dos obxectivos educativos. A Comunidade Autónoma de Galicia participa en distintos estudos de avaliación internacionais como parte da mostra nacional; entre eles, o estudo ESLC.

ESLC

O Estudo Europeo de Competencia Lingüística (ESLC) está promovido pola Unión Europea e pretende proporcionarlles aos Estados membros información comparable sobre as competencias lingüísticas en linguas estranxeiras do alumnado europeo ao finalizar a educación secundaria obrigatoria, así como coñecemento sobre boas prácticas que permitan mellorar a aprendizaxe das devanditas linguas.

Avalíanse cinco idiomas, os máis estudados nos distintos países da Unión Europea: inglés, francés, alemán, italiano e español.

Poboación avaliada: alumnado de 4.º de ESO que curse, como mínimo, un ano académico da lingua estranxeira.

Pódese consultar información na páxina: www.surveylang.org