PIAAC
INTRODUCIÓN
Distintos organismos internacionais (especialmente a OCDE, a IEA e a Unión Europea) desenvolven avaliacións da educación para proporcionar información sobre o grao de consecución dos obxectivos educativos. A Comunidade Autónoma de Galicia participa en distintos estudos de avaliación internacionais como parte da mostra nacional; entre eles, o estudo PIAAC.
PIAAC
O Programa para a Avaliación Internacional de Competencias de Persoas Adultas (PIAAC) realízase cada catro anos pola OECD (Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económicos) e avalía as competencias cognitivas e relacionadas co mundo do traballo das persoas adultas entre 16 e 65 anos.
A información relativa ás distintas edicións do programa PIAAC é accesible a través do portal web do INEE na seguinte ligazón: