TALIS

INTRODUCIÓN

Distintos organismos internacionais (especialmente a OCDE, a IEA e a Unión Europea) desenvolven avaliacións da educación para proporcionar información sobre o grao de consecución dos obxectivos educativos. A Comunidade Autónoma de Galicia participa en distintos estudos de avaliación internacionais como parte da mostra nacional; entre eles, o estudo TALIS.

TALIS

O Estudo Internacional sobre o Ensino e a Aprendizaxe (TALIS) é un estudo dirixido pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) no cal participan países de todo o mundo.

No estudo TALIS profesores/as e directores/as de centros educativos de educación primaria (ISCED 1) ou de educación secundaria obrigatoria (ISCED 2) responden a un cuestionario sobre o seu desenvolvemento profesional, as súas opinións persoais, prácticas docentes, a avaliación do traballo do profesorado, así como as observacións e o recoñecemento sobre o traballo e outras cuestións relativas ao liderado nos centros.

A análise comparativa dos datos entre os países participantes permite identificar outros países que se enfrontan a desafíos similares e observar distintos enfoques da política educativa.

A información relativa ás distintas edicións do estudo TALIS, como informes e cuestionarios do profesorado e do/a director/a é accesible a través do portal web do INEE na seguinte ligazón:

INEE-TALIS