PIRLS
INTRODUCIÓN
Distintos organismos internacionais (especialmente a OCDE, a IEA e a Unión Europea) desenvolven avaliacións da educación para proporcionar información sobre o grao de consecución dos obxectivos educativos. A Comunidade Autónoma de Galicia participa en distintos estudos de avaliación internacionais como parte da mostra nacional; entre eles, o estudo PIRLS.
PIRLS
O Estudo Internacional de Progreso e Comprensión Lectora (PIRLS) realízase cada cinco anos pola IEA (Asociación Internacional para a Avaliación do Rendemento Educativo) e é un estudo sobre a competencia lectora do alumnado de 4.º curso de educación primaria.
A información relativa ás distintas edicións do programa PIRLS, como informes e ítems liberados, é accesible a través do portal web do INEE na seguinte ligazón: