PISA

INTRODUCIÓN

Distintos organismos internacionais (especialmente a OCDE, a IEA e a Unión Europea) desenvolven avaliacións da educación para proporcionar información sobre o grao de consecución dos obxectivos educativos. A Comunidade Autónoma de Galicia participa en distintos estudos de avaliación internacionais; entre eles, o estudo PISA, no que se dispón dunha mostra ampliada que permite obter datos específicos de Galicia.

PISA

Programme for International Student Achievement (Programa internacional de avaliación do alumnado). Trátase dunha avaliación internacional na que participan países da OCDE e outros países asociados. Avalía a habilidade do alumnado de 15 anos para usar os seus coñecementos e habilidades en lectura, matemáticas e ciencia para enfrontar problemas da vida real.

PISA é un programa cíclico, que se repite cada tres anos. En cada edición realízase unha análise máis profunda nunha determinada área de coñecemento: lectura, ciencias ou matemáticas. Ademais, en cada ciclo explórase unha competencia innovadora, como a resolución colaborativa de problemas, en 2015, a competencia global, en 2018, e o pensamente creativo, en PISA 2022.

A primeira avaliación tivo lugar no ano 2000, cunha atención especial á lectura, e nela participaron 32 países.

A segunda realizouse no ano 2003, na que se afondou en matemáticas, e participaron 41 países.

A terceira foi no ano 2006 coa participación dun total de 56 países, na que se incluíu a totalidade dos 30 membros da OCDE e ampliouse, por primeira vez, a mostra na Comunidade Autónoma de Galicia para obter datos sobre o nivel do alumnado galego con respecto ao do resto dos países participantes. Ademais, o conxunto dos países participantes representaba case o 90 % da economía mundial e, ao igual que en ocasións anteriores, avaliáronse as áreas de comprensión lectora, matemática e científica. A competencia principal foi a científica.

Na edición de 2009 participaron os 30 países da OCDE (35 na actualidade) e outros 35 países máis asociados. España participou como país pero ademais ampliouse a mostra en 14 comunidades autónomas españolas.

Na edición de 2012 participaron 65 países: os países membros da OCDE e 31 países asociados. O estudo centrouse na competencia matemática, na resolución de problemas e na competencia financeira.

Na edición de 2015, o estudo centrouse na competencia en ciencias. Participaron a nivel mundial 72 países: os 35 países membros da OCDE e 37 países asociados. España participou como país pero ademais ampliouse a mostra a todas as comunidades autónomas españolas.

Na edición de 2018 o estudo centrouse na competencia lectora nun entorno dixital, na competencia global e na competencia financeira. Participaron a nivel mundial 79 países: os 37 países membros da OCDE e 42 países asociados. España participou como país pero ademais Galicia participou cunha ampliación de mostra ao igual que o resto das comunidades autónomas españolas.

A información relativa ás distintas edicións do programa PISA, como informes e ítems liberados, é accesible a través do portal web do INEE na seguinte ligazón:

INEE-PISA 

Probas liberadas de PISA 2018 

Probas liberadas interactivas de lectura de PISA 2018

Probas liberadas de PISA 2015 

Probas liberadas interactivas de ciencias de PISA 2015

Probas liberadas de PISA 2012 

Probas liberadas de matemáticas de PISA 2012

Probas liberadas de PISA 2009 

Probas liberadas de PISA 2006 

Probas liberadas de PISA 2003 

Probas liberadas de PISA 2000 

 

PISA 2022

Materiais de familiarización (gal)

Materiais de familiarización (cast)