O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa visitou as instalacións de UNVI, en Ourense

Lun, 28/11/2011 - 17:30
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jos
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira durante a visita ás instalacións de UNVI

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira; a subdirectora xeral de Orientación Profesional e Relación con empresas, Mª Eugenia Pérez Fernández; e a xefa territorial de Educación na provincia de Ourense, Marisol Díaz Mouteira visitaron hoxe as instalacións de UNVI, empresa do Grupo Pérez Rumbao, en Ourense, dedicada á fabricación de vehículos para o transporte de viaxeiros.

Na reunión mantida neste centro de traballo analizouse a posibilidade de establecer relacións de cooperación entre a empresa e a Consellería para a formación dos traballadores de UNVI en ensinanzas regradas no eido de procesos de carrozaría e vehículos, así como para a acreditación das competencias adquiridas por experiencia laboral dos traballadores desta empresa.

O obxectivo e a mellora da FP e a súa adaptación ao tecido produtivo de Galicia.