Título node Learning object

IV Xornadas: a luz da ciencia. Pensamento científico e xénero
Mér, 05/01/2022 - 14:32
cartel

A Deputación da Coruña organiza as IV Xornadas: a luz da ciencia. Pensamento científico e xénero, que este ano terán lugar no Pazo de Mariñán (Bergondo) e no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña.

Pódese consultar toda a información na seguinte ligazón.

Modalidade: presencial
Datas: 13, 14 e 15 de xaneiro de 2022
Lugar: Pazo de Mariñán en Bergondo (días 13 e 14) e Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña (día 15)
Matrícula: de balde
Inscrición: na seguinte ligazón

 

O programa detállase como segue:

 

SESIÓN 1: Didáctica das ciencias experimentais

Lugar: Pazo de Mariñán, día 13 de xaneiro ás 18:00 h
Relatoras: Mireia Colom Brossa e Susaina Figuera de Prado (Fundació Catalana per a la Recerca i la Innovació (FCRI)
Contidos: Análise da didáctica das ciencias experimentais e a segregación nas formacións científicas. Educación CTIM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). Tratamento da perspectiva de xénero e a ciencia nas aulas. Reflexión sobre a necesidade de fomentar a vocación científica e a importancia da visibilización das mulleres na ciencia e a procura de referentes.

SESIÓN 2 : Ciencia, investigación e xénero

Lugar: Pazo de Mariñán, día 14 de xaneiro ás 18:00 h
Relatoras: María de la Fuente Freire, Elena Lendoiro Belío, Vanessa Valdiglesias García, Zulema Varela Río (investigadoras da Rede galega pola investigación)
Contidos: Revisión lexislativa. A Lei Ángeles Alvariño. Análise da perspectiva de xénero na ciencia e na investigación científica. Visualización das realidades laborais no ámbito científico.

SESIÓN 3: Divulgación, comunicación científica e xénero

Lugar: Muncyt, día 15 de xaneiro ás 11: 30 h
Relatoras: Maite Vence (directora de OBSERVER ScienceTourism), Isa Loureiro (ilustradora) e Paula Otero Sánchez (científica e autora do espazo "ciencia e tal")
Contidos: A fenda de xénero na divulgación científica e nas persoas consumidoras de ciencia. Divulgación e comunicación dos proxectos científicos. Ciencia si, mais doutro xeito.

Obradoiro de ilustración científica con Isa Loureiro

Muncyt, día 15 de xaneiro ás 16:30 horas.