Título node Learning object

Curso sobre a historia da teoría feminista na Univ. da Coruña
Mér, 05/01/2022 - 13:32
cartel

Xa está aberto o prazo de matrícula da novena edición do curso "Historia de la Teoría Feminista" que organiza a Universidade da Coruña. Nesta edición o curso aborda toda a tradición intelectual da teoría feminista, desde as súas orixes no século XVIII ata os debates actuais no século XXI. É unha reconstrución xenealóxica da tradición intelectual feminista con toda a súa complexidade política e intelectual.

O programa de relatoras inclúe a especialistas do talle de rosa Cobo, Beatriz Ranea, Salete Mª da Silva, Antía Pérez Caramés, Ana Iglesias Galdo, Luisa Posada Kubissa, Belén Fernández Suárez, Teresa Moure, Laura Nuño, Carmen Castro e Alda Facio.

 

Modalidade: en rede (videoconferencia)
Duración: 8 horas
Datas: do 31 de xaneiro ao 16 de maio de 2022
Horario: polas tardes, de 18.00 a 21.30
Inscrición: na seguinte ligazón

 

Pódese consultar o programa e toda a información na seguinte ligazón.