Título node Learning object

Curso "Promoción da equidade de xénero con enfoque de dereitos"
Lun, 20/12/2021 - 10:18
cartel

Asemblea de Cooperación pola Paz (ACCP-Galicia) propón unha actividade de formación dirixida fundamentalmente a profesorado de educación secundaria para abordar a promoción da equidade de xénero con enfoque de dereitos. Esta formación enmárcase no proxecto “Elas Deciden”, financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia.

Os obxectivos do curso son os seguintes:

  • Sensibilizar sobre a necesidade de abordar os dereitos sexuais e reprodutivos como integrantes e inherentes aos dereitos humanos e para a consecución dos ODS (ODS 5).
  • Ofrecer unha información clara, sinxela, directa e específica para evitar - corrixir mitos e crenzas erróneas que xeren rexeitamento e discriminación.
  • Fomentar a participación e empoderamento do profesorado participante como multiplicadoras dos dereitos sexuais e reprodutivos.
  • Elaborar de maneira participativa novas ferramentas reflexivas para o coñecemento e promoción dos dereitos da mulleres, nomeadamente dereitos sexuais e reprodutivos.

Lugar: Casa Xohana Torres (Santiago de Compostela)
Datas: os xoves 27 de xaneiro e 3,10 e 17 de febreiro
Modalidade: mixta (16 h presencias + 4 h non presenciais)
Horario: 16.30-20.30
Homologación: esta formación está homologada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Pódese formalizar a inscrición na seguinte ligazón.