Título node Learning object

Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo
Xov, 16/12/2021 - 09:16
portada

Neste 2º trimestre arranca o curso "Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo". Neste curso impartiranse estratexias para a aplicación do protocolo de violencia de xénero que leva como título Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo. Entre os contidos do curso traballarase o impacto da violencia de xénero e sexual en poboación escolar, a aplicación do procedemento, a entrevista no centro educativo, o acompañamento das vítimas, as boas prácticas para a prevención e a intervención e a resolución de casos prácticos.

Para a realización desta actividade contaremos coa participación da maxistrada Ana López-Suevos, do inspector Manuel Guerra, da coordinadora de Quérote+ Paula F. Rico, das profesoras Raquel Martínez, Sandra Carracedo e Teresa G. Piñeiroa, e da asesora de igualdade Mónica M. Baleirón.

 

Podedes formalizar a inscrición en FPROFE.

Está dispoñible en todos os CFR cos seguintes códigos:

C2102004- Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo
F2102004- Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo
L2102003- Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo
O2102004- Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo
P2102004- Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo
S2102003- Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo
V2102004- Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo

 

Modalidade: presencial
Duración: 8 horas
Temporalización: 2º trimestre (xaneiro-marzo)