Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade de construcións civís e edificacións do corpo de profesores de ensino secundario (590104)

Mér, 15/12/2021 - 12:02

Xúntase a  Resolución do 15 de decembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de construcións civís e edificacións do corpo de profesores de ensino secundario (590104)

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.

  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas admitidas e excluídas.