Título node Learning object
Perspectiva de xénero na educación superior
Ven, 10/12/2021 - 14:58
Acábase de editar o volume "Hacia una docencia sensible al género en la educación superior", un volume coordinado polas profesoras Ángeles Rebollo Catalán (Univ. de Sevilla) e Alicia Arias Rodríguez (Univ. da Coruña).
O volume xunta un conxunto de experiencias e proxectos que se desenvolven con éxito nalgunhas universidades españolas na incorporación da perspectiva de xénero a través das súas políticas e das súas actuacións, especialmente en relación co currículo e coa docencia universitarias.
O volume pódese descargar de balde en formato PDF na web da editorial Dykinson.