Axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas, Programa de doutoramentos industriais, e se convocan para o exercicio 2021
Xúntase a Orde do 15 de setembro de 2021, conxunta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas, Programa de doutoramentos industriais, e se convocan para o exercicio 2021 (código de procedemento IN606D).
O programa financia o desenvolvemento dunha tese de doutoramento na contorna empresarial, baseadas en proxectos de investigación que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía, e unha universidade do Sistema Galego Universitario (SUG) por un periodo de 3 anos.
- Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de novembro de 2021