Resolución do 3 de decembro de 2021, pola que se resolve a do 15 de xuño de 2021 na que se convocou a selección de plans de formación permanente do profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos no curso 2021/22
Adxúntase a Resolución do 3 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se resolve a do 15 de xuño de 2021 na que se convocou a selección de plans de formación permanente do profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2021/22.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.