Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

MAC

A Mobilidade de Alumnado Comenius é unha iniciativa europea, lanzada no ano 2009, para permitir que o alumnado de educación secundaria poida estudar durante un período de entre 3 e 10 meses nun centro educativo doutro país europeo, vivindo cunha familia. O alumnado participante deberá ter alomenos 14 anos.

A mobilidade só pode desenvolverse entre centros educativos que participen ou teñan participado nunha asociación escolar Comenius do Programa de Aprendizaxe Permanente ou do seu precedente Sócrates.

Os centros solicitantes deberán ter o acordo previo cun centro da mesma asociación doutro país, que será o centro de acollida do alumnado español que participa na mobilidade.
Para a participación nesta acción, para o curso 2012-2013, deberán antes do 1 de decembro, remitir a seguinte documentación:

1. Formulario

2. Carta de acordo do socio.

Posteriormente se poderán concretar os demais trámites (cubrir o preconvenio, decidir o número de alumnos/as en firme e trámites de procura de familias de acollida, etc.)

O formulario ao non poderse cubrir en liña, deberase remitir en formato word nun CD. Igualmente remitirase copia en formato papel, coa firma e selo do director/a do centro educativo, tanto a OAPEE coma á Unidade de Programas Educativos Europeos da Consellería de Educación e O.U.

Máis información