Listaxes provisionais das axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG, curso 2021/22

Mér, 17/11/2021 - 15:44

De conformidade co artigo 10 da Orde do 15 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2021/22 (DOG do 28 de setembro), procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

  • As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días. Durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada e achegarán, se é o caso, a documentación necesaria.