Román Rodríguez sinala os gañadores das ‘Galiciaskills 2021’ como expoñentes da calidade e modernización da formación profesional galega

Un total de 50 estudantes, acompañados dos seus titores, recibiron as medallas de oro e prata que os acreditan como vencedores nas olimpíadas da FP

Os premiados co ouro representarán a Galicia nas ‘Spainskills’, en marzo de 2022

A FP ten unha empregabilidade de arredor do 90% e incrementou o seu alumnado ata case duplicar a matrícula na última década

Ven, 12/11/2021 - 18:18

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu hoxe o acto de entrega das medallas de oro e prata das Galiciaskills 2021, as olimpíadas da FP, cuxos gañadores sinalou como expoñentes “da calidade e modernización da Formación Profesional galega”. Felicitou, asemade, a estes 50 alumnos pola súa excelencia. “Estamos moi orgullosos de vós, xa que sodes piares que facedes que a nosa FP sexa un sinónimo de calidade, de profesionalidade e de innovación”, afirmou.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia puxo en valor o modelo de éxito destas ensinanzas na nosa comunidade. “Non hai máis que repasar as cifras dos últimos anos para comprobar que a FP galega experimentou na última década unha verdadeira revolución silenciosa”, explicou, sinalando que os datos de matrícula actuais “duplican practicamente aos que tiñamos hai 10 anos, ata superar a barreira dos 60.000 estudantes”.

Así mesmo, destacou a implantación de novas modalidades, como os másters de FP, “poñendo en marcha 13 cursos de especialización en áreas de futuro”, ou a FP Dual, “que é hoxe un dos principais valores da nosa oferta. De feito este ano acadamos a cifra récord de 160 ciclos, nos que se forman 2.000 alumnos”, dixo.

Román Rodríguez quixo facer tamén fincapé nas cifras de inserción laboral destas ensinanzas, que se sitúan no entorno do 90% e mesmo por riba no caso da FP Dual. “Agora máis ca nunca a nosa Formación Profesional é sinónimo de prestixio, competitividade, empregabilidade e adaptación ao entorno laboral”, salientou.

Unha vintena de competicións

As olimpíadas galegas da FP celebráronse entre o 5 e o 8 de outubro, en 11 centros formativos que imparten estas ensinanzas ao longo de todo o territorio galego. En total disputáronse 23 competicións relacionadas coas especialidades (skills), nas que o máis de medio cento de participantes mediron as súas destrezas e demostraron as súas capacidades na realización das correspondentes probas. O alumnado gañador da medalla de ouro participará en Spainskills, que se celebrará en marzo de 2022.

Un total de 22 expertos organizaron as cuestións técnicas e planificaron cada unha das competicións, nas que os participantes contan tamén co apoio dos seus docentes, aos que o conselleiro tamén trasladou os seus parabéns.

O representante da Xunta de Galicia estendeu tamén o seu agradecemento aos 11 centros educativos que acolleron as competicións e ás 70 empresas colaboradoras, polo seu compromiso coa Formación Profesional.

A relación de alumnado gañador de medallas de ouro e prata en GaliciaSkills 2021 e os seus titores é a que se recolle na seguinte taboa:
 

Especialidade

Medalla de ouro

Medalla de prata

Administración de sistemas en rede

Martín Cambón Recarey

Titor/a: Diego Terrón del Valle
Centro: IES Isidro Parga Pondal (Carballo)

Javier Fernández Pazos

Titor/a: Elena Martínez Lemos
Centro: IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín)

Carpintaría

Gabriel Besada Bernárdez

Titor/a: Avelino Figueroa Lorenzo
Centro: CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

Hugo González Calvo

Titor/a: Roberto Rivas Conejo
Centro: CIFP Ferrolterra (Ferrol)

Cociña

María Emilia Piedra Iglesias

Titor/a: José Miguel García Silvarredonda
Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Marina Suárez Martínez

Titor/a: Isaac Martín Peña
Centro: CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Coidados auxiliares de enfermaría e atención sociosanitaria

Andrea Castreje Canosa

Titor/a: Eva Trasmonte Castiñeira
Centro: IES Agra de Raíces (Cee)

Rebeca García Durán

Titor/a: Diana Pereiro Rivas
Centro: IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela)

Control industrial

Adrián López Bahamonde

Titor/a: Ramón Costeira Fernández
Centro: IES María Sarmiento (Viveiro)

Hiar Abelleira González

Titor/a: Ana Mª Pérez Vázquez
Centro: CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

Deseño mecánico - CAD

Alberto Estévez Ferreiro

Titor/a: José Carlos Breijo García
Centro: CIFP Ferrolterra (Ferrol)

Álex Barro García

Titor/a: Alberto Pereira López
Centro: CIFP As Mercedes (Lugo)

Desenvolvemento web

Santiago Andrade Ferreiro

Titor/a: Cristina París Brandariz
Centro: IES San Clemente (Santiago de Compostela)

Lucía Serrano Pérez

Titor/a: Julio Mosquera González
Centro: CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense)

Ebanistaría

Manuel Goyanes González

Titor/a: María del Puerto Piñeiro Guerra
Centro: CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

Pablo García Pérez

Titor/a: Juan Francisco Rodríguez Cendán
Centro: CIFP Ferrolterra (Ferrol)

Floraría

Eva Fernández Quintás

Titor/a: Montserrat Vázquez Meizoso
Centro: CIFP A Granxa (Ponteareas)

Ismael Soto Esperón

Titor/a: Bárbara Carballal Mariño
Centro: IES Montecelo (Pontevedra)

Instalacións eléctricas

Manuel Antonio Alonso Álvarez

Titor/a: Moisés Nicolás Pereira Martínez
Centro: IES Politécnico de Vigo (Vigo)

Miguel Pousada Parente

Titor/a: Manuel Vázquez Rodríguez
Centro: IES Macías o Namorado (Padrón)

Mecanizado

Antonio Manuel Presas Rodríguez

Titor/a: David Queimaño Piñeiro
Centro: IES Politécnico de Vigo (Vigo)

Cristian Piñeiro Seijo

Titor/a: Luís Abelleria Álvarez
Centro: CIFP As Mercedes (Lugo)

Mecatrónica

Pablo Corral Méndez

Iván Redondo Grandío

Titor/a: José Luis Blanco Carballido
Centro: CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

Jorge Fernández Rial

Carlos García Lores

Titor/a: Bieito Calvo Méndez
Centro: IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

Panadaría

Celia Vázquez Costoya

Titor/a: Manuel Patiño Carou
Centro: CIFP Carlos Oroza (Pontevedra)

Antón Darío González Eirís

Titor/a: Avelina Amado Fernández
Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Peiteado

Jorge García González

Titor/a: Mª Reyes Guimarey Blanco
Centro: CIFP Someso (A Coruña)

Dyand Estefany Fernández Vera

Titor/a: Ana Belén Castro García
Centro: IES de Teis (Vigo)

Pintura do automóbil

Ismael Fernández Luaces

Titor/a: Luis Abelleira Álvarez
Centro: CIFP As Mercedes (Lugo)

Anxo Garrote Espantoso

Titor/a: Silvia Folgueira Rico
Centro: CIFP Ferrolterra (Ferrol)

Recepción hoteleira

Sergio Martínez Calvar

Titor/a: Roi Álvarez González
Centro: CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Ana Otero Telmo

Titor/a: Mónica Justo Calviño
Centro: CIFP Carlos Oroza (Pontevedra)

Refrixeración e aire acondicionado

Jordi Montero Castellón

Titor/a: Leticia Conde Castro
Centro: CIFP As Mercedes (Lugo)

Brais Lorenzo Fragueiro

Titor/a: Joaquín Paredes Coya
Centro: CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

Reparación de carrozaría

Iago Castro Abuín

Titor/a: Manuel García Deus
Centro: CIFP Coroso (Ribeira)

Iago Pérez Macías

Titor/a: Gonzalo Trigo García
Centro: CIFP Ferrolterra (Ferrol)

Servizo de restaurante e bar

Bruno Landrove Gómez

Titor/a: Gerardo Pereira Romero
Centro: CIFP Fraga do Eume (Pontedeume)

Natalia Fernández Rey

Titor/a: Marcos Moreira García
Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Soldadura

Mateo Rubal Fanego

Titor/a: Eliseo Maseda Iglesias
Centro: IES María Sarmiento (Viveiro)

Nicolás Sueiro García

Titor/a: Rubén Darío Gómez Casal
Centro: IES Marco do Camballón (Vila de Cruces)

Tecnoloxía da moda

Alfonso Rodríguez Díez

Titor/a: María Cruz Iglesias Viqueira
Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Silvia Galván Tacón

Titor/a: Raquel Álvarez González
Centro: CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Tecnoloxía do automóbil

Sergio Martínez Pajón

Titor/a: Luis Gesto Lois
Centro: IES María Sarmiento (Viveiro)

Javier Noche Ferreiro

Titor/a: Miguel Vilela González
Centro: IES As Mariñas (Betanzos)

Xardinaría paisaxística

Iván Francisco Darriba Bello

Anxo Gabián Vila

Titor/a: Eliseo Castro Iglesias
Centro: IES Montecelo (Pontevedra)

Luis Fernández Mera

Óscar da Silva Besada

Titor/a: Montserrat Vázquez Meizoso
Centro: CIFP A Granxa (Ponteareas)