Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade de italiano do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592012)
Xúntase a Resolución do 11 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de italiano do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592012).
-
As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
-
Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
-
Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas admitidas e excluídas.
Resolución do 13 de outubro de 2020 (DOG)
Resolución do 2 de novembro de 2021
Resolución do 11 de novembro de 2021
Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 592012)
Resolución do 19 de novembro de 2021
Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 592012)