Convocatoria para participar no programa eduEmprende Atrévete 2021-2022

Lun, 08/11/2021 - 15:05

Este programa, que se desenvolve no marco do Plan Eduemprende, nace da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e diferentes asociacións e grupos empresariais, para impulsar e fomentar a cultura emprendedora entre o alumnado, motivándoo e sensibilizándoo no espírito emprendedor.

Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Portal Educativo.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.