Título node Learning object

Nun segundo...cambia a túa vida: Campaña de sensibilización ante as consecuencias dos accidentes de tráfico
Mér, 22/02/2012 - 12:17
Nun segundo...

"Nun segundo... cambia a túa vida" é un documental que forma parte dunha campaña informativa para conseguir a sensibilización da sociedade ante a realidade dos accidentes de tráfico e as súas consecuencias, conseguindo, a través dun audiovisual, unha maior concienciación sobre este problema que nos pode afectar directamente.
O documental amosa de primeira man as experiencias de varios rapaces que teñen unha discapacidade derivada dun accidente de tráfico.

Obxectivos:    

  • Sensibilizar a xente nova sobre os perigos dunha condución imprudente.
  • Concienciar da obriga de ser bos condutores, e de que iso esixe o cumprimento das normas.
  • Recoller a través do cuestionario as condutas e as actitudes da xente nova ante a condución, a estrada e a seguridade viaria.

Destinatarios e requisitos da actividade:

  • A actividade diríxese, durante o curso escolar 2011-2012 ao alumnado de 4º de ESO, bacharelato, ciclos formativos, PCPI etc.

A actividade consta de tres partes cunha duración dunha hora aproximadamente:

  • Presentación da actividade polo titor ou a titora que realicen a actividade.
  • Visión do documental.
  • Formalización e envío do cuestionario.

Materiais da campaña:

Vídeo "Nun segundo...cambia a túa vida"

 

 

Cuestionario para o alumnado

Díptico informativo

Información para o profesorado

Ficha de seguimento para o profesorado responsable da actividade

Menús Learning object node R

Sección