Título node Learning object

Obradoiros de igualdade para alumnado
Mér, 03/11/2021 - 14:37
María Vinyals

A Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra ofrece obradoiros de formación sobre igualdade para alumnado de 3º e 4º da ESO. Os obradoiros estarán impartidos por Priscila Retamozo, Chis Oliveira, Luisa Abad e Amada Traba.

Centros destinatarios: centros da provincia de Pontevedra que impartan 3º ou 4º da ESO
Data: 1º trimestre de 2021/22

Os contidos dos obradoiros son os seguintes:

  • Obradoiro 1. Introdución á Igualdade de Xénero. Xénero, patriarcado, androcentrismo, estereotipos, violencia simbólica, linguaxe sexista, socialización diferencial
  • Obradoiro 2: Mulleres Influencers, Homes Gamers. A construción dual do xénero.O modelo feminino: a lei do agrado, ética do coidado, a dependencia e a submisión, os custos para as mulleres da feminidade tradicional.O modelo masculino: mandatos da masculinidade, custos para os homes da masculinidade hexemónica, a máscara, masculinidades alternativas
  • Obradoiro 3: Os Coidados no Centro da Vida. Fendas, discriminacións, coidados, carga mental, corresponsabilidade, autocoidado, bo trato
  • Obradoiro 4: O Amor 2.0. Mitos do amor romántico, violencia de xénero, amor compañeiro, a horta do amor
  • Obradoiro 5: Sexualidade. Campo de batalla, a tiranía da beleza, repensar a sexualidade, o pracer feminino, consentimento, desexo, diversidade, modelos de sexualidade
  • Obradoiro 6: Redes Sociais e Igualdade. Uso consciente, ciberdelitos, relacións virtuais, abuso na rede, patróns de comunicación, sexting e novas formas de relacionarnos
  • Obradoiro 7: Non é Non! Cultura da violación, cousificación, pornografía, poder, prostitución, mito da libre elección, empoderamento feminino
  • Obradoiro 8: Das Sufraxistas ao Me Too. Feminismo como motor de transformación, crítica social, percorrido histórico, ondas e principais referentes

 

Para solicitar a formación teñen que acceder á Sede electrónica da Deputación de Pontevedra e cubrir a solicitude 2263234 "Solicitude de actividades do Servizo de Igualdade", dispoñible na seguinte ligazón.