O programa de innovación educativa ‘Club de ciencia’ chega este curso a 146 centros, 37 deles novos
Desenvolveranse en 65 centros da provincia da Coruña, 17 de Lugo, 18 de Ourense e 46 centros de Pontevedra, que reciben unha achega para o seu proxecto
Esta iniciativa, enmarcada na Estratexia Educación Dixital 2030, ten como obxectivo promover as competencias científico-tecnolóxicas entre o alumnado
Un total de 146 centros educativos públicos de toda Galicia (37 de nova incorporación este ano) desenvolverán durante o presente curso 2021/22 o Club de Ciencia, unha iniciativa da Xunta enmarcada na Estratexia Educación Dixital 2030 que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.
Este é o sexto ano consecutivo que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha esta acción, que naceu como experiencia piloto no curso 2016/17 con nove centros en toda Galicia e que no presente 2021-22 chega a 65 na provincia da Coruña (14 de nova incorporación), 17 en Lugo (seis novos), 18 en Ourense (seis novos) e 46 en Pontevedra (11 novos), tal e como pode consultarse no Portal Educativo.
Alimentar curiosidades
O Club de Ciencia defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades, aos seus intereses e resolver problemas. Deberá estar formado por un ou máis docentes de calquera especialidade e alumnado de Educación Primaria, Secundaria obrigatoria ou Bacharelato. Un dos docentes actuará como persoa coordinadora do club.
As actividades desenvólvense fóra do horario lectivo do alumnado nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente, cun mínimo dunha media de catro horas ao mes. Cada centro docente seleccionado para desenvolver un Club de Ciencia recibe unha achega económica para sufragar gastos que estean debidamente xustificados e imputables á participación nesta convocatoria.
120 M€ para a Estratexia Educación Dixital 2030
Precisamente para avanzar nun sistema educativo de alto rendemento e acadar a transformación tecnolóxica nas aulas, o Goberno galego ten en marcha a Estratexia Educación Dixital 2030, dotada cun orzamento inicial de 120M€ e que recolle unha ducia de accións planificadas que abranguen todas as áreas académicas e teñen en conta a totalidade dos integrantes da comunidade educativa.
Nestas accións inclúese a creación e dotación de polos creativos nos centros, a progresiva incorporación de equipos nas aulas, a introdución da Intelixencia Artificial nas propostas curriculares, medidas específicas para corrixir a fenda de xénero e accións formativas en competencias dixitais entre outros.
Listado de centros de nova incorporación aos Club de Ciencia:
A CORUÑA:
IES Plurilingüe Elviña |
A Coruña |
IES Nº 1 |
Ribeira |
CEIP Alborada |
A Coruña |
IES de Curtis |
Curtis |
IES Manuel Murguía |
Arteixo |
IES Praia Barraña |
Boiro |
IES Moncho Valcarce |
As Pontes de García Rodríguez |
IES de Sar |
Santiago de Compostela |
CEIP Ana María Diéguez |
Rianxo |
IES de Porto do Son |
Porto do Son |
IES A Sardiñeira |
A Coruña |
IES Ramón Caamaño |
Muxía |
IES do Milladoiro |
Ames |
CEIP Plurilingüe de Outes |
Outes |
LUGO:
CEIP Juan Rey |
Lourenzá |
IES Xoán Montes |
Lugo |
CEIP Álvaro Cunqueiro Mora |
Mondoñedo |
CEIP da Pobra de Brollón |
A Pobra do Brollón |
IES Xograr Afonso Gómez de Sarria |
Sarria |
CPI Uxío Novoneira |
Pedrafita do Cebreiro |
OURENSE:
IES Lauro Olmo |
O Barco de Valdeorras |
CEIP Carlos Casares |
Xinzo de Limia |
CEIP de Maceda |
Maceda |
IES 12 de Outubro |
Ourense |
IES García-Barbón |
Verín |
CEIP Bibei |
Viana do Bolo |
PONTEVEDRA:
CEIP Pío Cabanillas Gallas |
Dozón |
IES Plurilingüe A Paralaia |
Moaña |
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón |
Salvaterra de Miño |
CEIP Plurilingüe Santa Mariña |
Vigo |
IES Álvaro Cunqueiro |
Vigo |
IES Plurilingüe Aquis Celenis |
Caldas de Reis |
IES Carlos Casares |
Vigo |
CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo |
Valga |
IES Gonzalo Torrente Ballester |
Pontevedra |
IES Johan Carballeira |
Bueu |
IES Ribeira do Louro |
O Porriño |