Título node Learning object

Informe sobre vítimas mortais de violencia de xénero menores de 21 anos
Lun, 25/10/2021 - 12:02
portada

O Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial acaba de publicar o informe estatístico "Informe sobre víctimas mortales de violencia de género menores de 21 años". Á luz dos datos rexistrados no informe, a presidenta do Observatorio, Ángeles Carmona, advirte das especiais circunstancias da mozas máis novas, que sobren maior illamento debido ao medo á reacción do agresor e da familia e mais debido á vergoña que se produce ao se recoñeceren como vítimas.

A presidenta expresou tamén a súa preocupación ante estes datos e apelou á colaboración do profesorado, peza clave na loita contra a violencia machista que afecta ás vítimas máis novas e máis vulnerables.

Para ler a nota de prensa pódese consultar a seguinte ligazón.