Galiciaskills 2021. Resultados das competicións
O pasado venres 8 de outubro remataron as competicións de Galiciaskills 2021, que se celebraron durante catro días en 11 sedes, onde 108 competidores/as, de 43 centros educativos diferentes, puxeron a proba as súas habilidades nas 23 especialidades convocadas nesta edición.
Unha vez máis, quedou patente o gran nivel do alumnado e profesorado da formación profesional galega, tanto polo excelente traballo de competidores/as, expertos/as e titores/as, como pola organización das competicións por parte dos centros educativos que actuaron como sedes.
O alumnado gañador da medalla de ouro representará a Galicia en SpainSkills 2022. Na seguinte ligazón pode consultar a relación de alumnado gañador de medalla de ouro e prata: