Título node Learning object
Proxecto de profesores de Educación Física do CEIP A Solaina de Narón (A Coruña) para concienciar aos alumnos/as sobre o respeto á circulación vial e sensibilizalos da perigosidade da circulación nas rúas e estradas.
Os pasillos do Centro transfórmanse en rúas e estradas, con sinais, rotondas, cruces, etc.
Cada rapaz ten o seu propio carné con puntos que poden perder se cometen infraccións. Os profesores/-as son “gardas de tráfico” que poden sancionar a calquer neno/-a do Centro.
Obxectivos:
• Coñecer as normas de circulación tanto a nivel de peóns como de vehículos.
• Mellorar a circulación dentro do centro escolar.
• Respectar as normas dentro do centro e que repercutan nos ámbitos familiar e social.
• Aplicar as normas cando se realizan saídas fóra do centro escolar.
Nivel: Educación Primaria
Autores: Marcelino Álvarez Arias
Materiais (Anexos):
1. Memoria do proxecto (anexo 01)
2. Percorrido virtual do circuito no colexio (anexo 02)