Título node Learning object
Este é un proxecto no que participaron todos os cursos do CEIP de Bormoio-Agualada, tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria.
En cada ciclo tratouse un aspecto da educación viaria:
• Educación Infantil: Comportamento como usuarios de autobús.
• 1º ciclo de Educación Primaria: Comportamento no coche particular.
• 2º ciclo de Educación Primaria: Comportamento como peóns.
• 3º ciclo de Educación Primaria: Comportamento como usuarios de bicicleta.
Fixéronse actividades globalizadas en Educación Infantil, partindo da educación viaria como centro de interese. Elaborouse unha maqueta do corpo humano, diferentes sinais de tráfico, así como dramatizacións e xogos de simulación.
En Educación Primaria buscouse vincular as diferentes áreas con este tema, traballando de xeito interdisciplinar. Así, fixéronse fichas en varias áreas, dramatizacións e información sobre primeiros auxilios (en Educación Física), realizáronse investigacións e buscas sobre o tema en Internet...
Entre as dúas etapas educativas elaborouse unha maqueta do contorno do centro escolar, representando os aspectos desenvolvidos en cada ciclo. Tamén se levaron a cabo charlas e o “Día da Educación Viaria”, cortando a rúa e coa participación da policía local.
Nivel: Educación Infantil e Primaria.
Autores:
Coordinador:
• Rubén Annicchiarico Ramos
Participantes:
• Blanca Álvarez Casal
• Lidia Brenlla López
• Mª Dolores Castro García
• Rocío Cuñarro Neira
• Marisol Darriba Guerra
• Evaristo Domínguez Rial
• Mª Ángeles Lema Vila
• Alberto Patiño Varela
• Manuel Ramilo Calvete
• Mónica Sanjurjo Chao
• Luz del Mar Teixido Infante
Materiais (Anexos):
1. Memoria do proxecto (anexo 01)
2. Materiais complementarios
• Carteis de educación viaria para infantil e primaria (anexo 02)
• “Rap” das normas de circulación no noso coche particular (anexo 03)
• Presentacións sobre educación viaria para profesores (datos do 2006) (anexo 04)