Título node Learning object
Curso "Introdución á Teoría Crítica Feminista. Aproximación aos debates contemporáneos"
Ven, 17/09/2021 - 15:06
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo oferta o curso en liña co título "Introdución á Teoría Crítica Feminista. Aproximación aos debates contemporáneos" que ten como obxectivos:
- Achegar as principais correntes de pensamento feminista e contextualizar historicamente as chamadas "ondas do feminismo.
- Presentar o pensamento e achegas intelectuais de figuras relevantes na historia do feminismo.
- Potenciar a reflexión crítica sobre os actuais debates existentes no seo do feminismo.
- Fomentar a capacidade de aplicar conceptos teóricos á nosa vida cotiá.
- Crear un espazo seguro de reflexión, onde estean presentes as dinámicas do coidado.
O curso será impartido por Priscila Retamozo Ramos e Amara Pérez Davila
Data: todos os xoves do 7 de outubro ao 9 de decembro de 2021
Horario: de 18.30 a 20.00
Modalidade: en liña a través de ZOOM
Pódese formalizar a inscrición enviando o formulario de solicitude ao seguinte enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org. As prazas son limitadas.
Saúdos