Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitudes. Convocatoria extraordinaria curso 2021-2022

Mar, 14/09/2021 - 09:36

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes do período extraordinario de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade a distancia.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde as 9:00 horas do martes 14 de setembro ata as 13:00 horas do xoves 16 de setembro de 2021.

A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático ciclosadmisión.

Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.