Publicación do listado de solicitudes declaradas procedentes ou improcedentes da concesión das comisións de servizos por motivos de saúde para situacións de causas sobrevidas
Publicación do listado de solicitudes declaradas procedentes ou improcedentes da concesión das comisións de servizos por motivos de saúde para situacións de causas sobrevidas, reguladas pola Orde do 28 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 9 de marzo).
A Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B) establece no seu artigo 17 o seguinte:
Artigo 17 – Causas sobrevidas
Os casos que poidan xurdir por causa sobrevida fóra do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente orde e con anterioridade á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico dirixiranse ás xefaturas territoriais correspondentes no prazo de presentación de solicitudes extraordinario que se publicará na páxina web www.edu.xunta.gal.
Consonte ao establecido no dito artigo, publícase o listado de solicitudes de comisión de servizos por motivos de saúde para situacións de causas sobrevidas declaradas procedentes e improcedentes.